RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Dépor ABANCA B supera ao Atlético de Madrid C e escala aos postos altos da Segunda Federación

O Deportivo ABANCA B superou por 4-1 ao Atlético de Madrid C na 3ª xornada do grupo 1º de Segunda Federación.

Foi titular Antía Veiga, que este luns se incorpora a uns adestramentos coa selección española sub-17.

Tamén actuaron de inicio as xogadoras que está en dinámica do primeiro equipo, caso de Carmen ou Michi Apóstol.

Abriu o marcador precisamente Carmen aos 20 minutos. Após o empate colchoneiro, Laura Otero e Michi Apóstol aumentaron a renda antes do descanso.

Após o paso polos vestiarios, Laura Ruiz certificou o triunfo co seu gol no minuto 55.

Con este resultado, o equipo de Sandro Nogueira suma 7 puntos, situado na zona alta da táboa con 2 vitorias e 1 empate.

Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Barreda, Michi Apóstol, Carmen, Sara Cercido, Laura Otero, Marta Rico (Cotelo, min. 65), Sonsoles (Yanis Citoula, min. 81), Laura Ruiz (Valbuena, min. 65), Jenny Corros e Emma (Paula Martínez, min. 75) 

O vindeiro domingo 27 de setembro ás 16:15 o Dépor ABANCA B visita ao Real Avilés Industrial no campo 2 de La Toba.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B foron os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1
Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1