RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA someteuse a probas de cardioloxía no Hospital Quirónsalud A Coruña

O cadro do Dépor ABANCA pasouse polo Hospital Quirónsalud A Coruña, centro médico de referencia do Club, para someterse a probas de cardioloxía.

Así, o doutor José Manuel Vázquez realizou un electrocardiograma e un ecocardiograma ás futbolistas branquiazuis nuns test habituais cada inicio de temporada.

Loxicamente non estiveron presentes as internacionais Inês Pereira, que se incorpora o 25 de xullo após o seu paso pola Eurocopa; e Michi Apóstol e Espe Pizarro, en competición coa Copa América de Quito.

As Nosas comezaron a pretemporada o pasado 14 de xullo con probas médicas e físicas na Cidade Deportiva.

Fran Alonso dirixiu a súa primeira sesión no campo 6 de Abegondo o mércores 16 de xullo.