RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA viaxa este sábado a Barcelona para iniciar a liga en Primera Federación Iberdrola o domingo ante a CE Europa

O Deportivo ABANCA desprázase este sábado 9 de setembro a Barcelona para arrincar a liga en Primera Federación Iberdrola o domingo 10 de setembro ás 11:00 no campo Nou Sardenya ante a CE Europa.

Antes de viaxar, As Nosas realizarán un último adestramento na Cidade Deportiva ás 9:30; e, xa en Barcelona, unha tarefa de activación no propio hotel de concentración ás 20:30.

O regreso será a última hora da tarde do domingo nun voo que ten previsto aterrar no Aeroporto da Coruña sobre as 22:00 horas.

O plan de viaxe do conxunto deportivista nesta primeira cita oficial da temporada é o seguinte:

Sábado 9 de setembro
9:30: Adestramento en Abegondo
14:05: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto Josep Tarradellas-Barcelona
15:45 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto Josep Tarradellas-Barcelona e traslado á AC Hotel by Marriott San Cugat
20:30: Sesión de activación

Domingo 10 de setembro
11:00: CE Europa - Deportivo ABANCA, no Estadio Nou Sardenya (Barcelona)
Ao concluír comida no hotel
20:30: Saída do voo do Aeroporto de Josep Tarradellas-Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña
21:55 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña