RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor ABANCA viaxa este venres pola tarde por estrada a Xixón para visitar o sábado 7 de maio ao Sporting

O Deportivo ABANCA desprázase este venres 6 de maio por estrada a Xixón para render visita o sábado 7 de maio (18:00 horas) ao Real Sporting de Gijón, en partido correspondente á 27ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

O regreso á Coruña da expedición deportivista será, tamén en autocar, após concluír o partido no campo número 5 da Escuela de Fútbol de Mareo.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:

Venres 6 de maio
11:30: Adestramento en Abegondo
17:00: Saída en autocar a Xixón
20:00 (horario aproximado): Chegada ao hotel Silken Ciudad de Gijón

Sábado 7 de maio
18:00: Sporting de Gijón - Deportivo ABANCA, no campo número 5 da Escuela de Fútbol de Mareo
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña con parada a cear en Cudillero