RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA xa está en cuartos de final da Copa Deputación

O Deportivo ABANCA avanza aos cuartos de final da Copa Deputación ao derrotar hoxe luns 5 de agosto na Porta Santa ao UD Paiosaco Hierros Añón (0-8).

Os goles branquiazuis neste partido con pouca historia foron obra de: Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida.

Deportivo ABANCA: Misa, Cris, Sara Álvarez, Silvia Mérida, Érika, Sofía, Patri López, Nuria Torres, Kika, Nuria Rábano e Peke. Tamén xogaron: Sullastres, Iris, Patri Díaz, Alba Suárez e María Calvo.

Este xoves 8 de agosto, o Dépor ABANCA enfróntase ao Orzán SD en cuartos de final. Será ás 19:00 horas en Abegondo.

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2-, Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo, 19:00 h: Orzán SD - Dépor ABANCA
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, 18:30 h, Deportivo ABANCA - UD Granadilla
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón): Deportivo ABANCA, Sporting de Gijón e Real Oviedo Feminino
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)