RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor acende motores cun suave adestramento matinal en Almería

Natxo González mantén con disciplina espartana as rutinas do primeiro equipo. Dá igual resultados, clasificación, sensacións nos partidos, horarios e duración de desprazamentos, circunstancias metereolóxicas....

Así, ás 11:00 de hoxe luns, a 8 horas do partido ante a UD Almería no Estadio dos Xogos Mediterráneos (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV), e a pesar da longa viaxe de 6 horas de onte domingo desde Abegondo, vía Málaga, os futbolistas branquiazuis acenderon motores coa tradicional sesión de activación propia dos días nos que hai competición oficial.

O escenario foi o campo anexo ao estadio almeriense, onde habitualmente se adestra o conxunto andaluz e onde mañá o Dépor repetirá sesión de traballo, xa post-partido.

O preparador físico Julio Hernando tomou as rendas para un quecemento, estiramentos e rondos; por espazo de 40 minutos de duración.

Após uns minutos para comprobar o estado do céspede do Estadio dos Xogos Mediterráneos despois da noite chuviosa onte, e de regreso ao hotel NH Almería, cuartel xeral do Dépor na cidade andaluza, a mañá completouse cunha charla técnica antes da comida.