RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor afronta o encontro do Wanda Metropolitano con 19 futbolistas convocados

Clarence Seedorf desprázase a Madrid con 19 futbolistas para afrontar no Estadio Wanda Metropolitano o partido deste domingo 1 de abril ante o Atlético de Madrid (20:45, Bein LaLiga), correspondente á 30ª xornada de LaLiga Santander.

Quedan na Coruña de maneira forzosa os lesionados Celso Borges, Fede Cartabia, Fede Valverde e Eneko Bóveda; ademais de Navarro, sancionado por acumulación de cartóns.

Participaron esta tarde no adestramento do primeiro equipo os seguintes canteiráns: Queijeiro, Quique Fornos, One e Luismi (Fabril); Héctor, Iago Parga e Juanito (Xuvenil A); e Iago Novo, Víctor Eimil e Kanouté (Laracha CF, club convido co Dépor).

A sesión consistiu nun quecemento, un exercicio de pases e tres tarefas tácticas no campo 3. Un partido de 15 minutos de duración puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Os convocados desprázanse mañá sábado pola mañá a Madrid, segundo este plan de viaxe:

Sábado 31 de marzo
10:30: Rolda de prensa de Clarence Seedorf no Estadio ABANCA-RIAZOR
13:25: Saída do voo de Santiago con destino Madrid
14:30: Ao chegar, aloxamento no Hotel Meliá Madrid Serrano

18:30: Adestramento na Cidade Deportiva do Real Madrid

Domingo 1 de abril
20:45: Atlético de Madrid - Deportivo, no Wanda Metropolitano

Luns 2 de abril
11:30: Adestramento na Cidade Deportiva do Real Madrid

18:00: Saída do voo chárter de Madrid con destino ao Aeroporto da Coruña
19:00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña