RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Dépor B cumpre co trámite e gana ao pechacancelas Arousa en Vilagarcía

O Deportivo B cumpriu co trámite nos partidos contra equipos peor clasificados é onde normalmente se logran ou non os seus obxectivos e derrotou ao pechacancelas da categoría, o Arousa, en Vilagarcía por catro tantos a dous. Rivera, Herbert e José Areas,

Tras este resultado, o Deportivo B é cuarto na clasificación, en postos que dan opción a disputar a Fase de Ascenso a Segunda División B, con 34 puntos, os mesmos que o terceiro, o Rápido de Bouzas. Catro máis ten o segundo, o Negreira (38) e cinco máis (39) o líder, o Cerceda, que picou nesta xornada e non pasou do empate en Ou Roxo ante o Céltiga.
Deportivo B: Iván Parada, Rubén González, Rubén Méndez, Juanan, Adrián, Alex, Borja, Madrigal, Rivera, Herbert e José Areas. Tamén xogaron: Chapi, Iván Pérez e Aridane.