RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Dépor B golea ao Anguiano e xogarase o ascenso ante o Don Benito estremeño

O Deportivo B seguiu o guión previsto. En Riazor, un terreo de xogo de dimensións moito máis acordes co fútbol do filial deportivista que o Campo da Illa rioxano, e ante un sete mil espectadores que non se marcharon do estadio a pesar da derrota do primei

Perico Ramallo formou de inicio con: Fabricio, Rubén González, Chapi, Adrián e Rubén Méndez; Alex, Nacho, José Areas, Iván Pérez, Rivera e Herbert. Tamén xogaron: Aridane, Borja e Juachi.
Adiantouse o Deportivo B cun tanto de Rubén Rivera, pero un minuto antes do descanso, Joseba, nunha das poucas oportunidades que tivo o Anguiano, empataba o partido ante o delirio do centenar de afeccionados rioxanos. Tras o descanso, o Deportivo B saíu a por o partido e logrou o que todo o mundo esperaba, golear ao rival e certificar o paso á eliminatoria decisiva. Para iso, José Areas, con dúas tantos, foi o máis destacado. O outro restanto foi logrado por Aridane.
A sorpresa da tarde sucedeu nada máis pitar o colexiado do encontro o final do encontro. Un defensor do Anguiano enceréllase cun atacante deportivista e iso deu orixe a un boureo na que participaron persoal de ambos os conxuntos. Ao final imperou a cordura e ata o Anguiano puido, desde o céspede de Riazor, despedirse dos seus afeccionados que se meteron unha malleira de autocar para apoiar aos seus.