RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Dépor B perdeu dignamente ante a Cultural Leonesa, un rival que pelexará polo ascenso

O Deportivo B perdió esta tarde (2-0) en Leon ante a Cultural Leonesa, un equipo que loitará a recado a final de tempada polo ascenso a Segunda División B.

Na primeira metade, o equipo de Perico Ramallo maniató perfectamente ao seu rival, que só puido adiantarse cun gol en propia meta de Marcos Caridade. Tras o descanso, o Fabril foi a por o empate pero chegou a puntilla, de novo nunha xogada a balón parado.

Deportivo B: Manu, Caridade, Juanan, Castelo, Granadeiro, Rochela, Nacho, Iván Carril, Juan Domínguez, Iván Pérez e Aridane. Tamén xogaron: Chirri, Hugo García e Dani.

Este mércores, ás 19.30, o Fabril recibirá no Mundo do Fútbol ao Alondras en oitavos de final da Copa Galiza. O regulamento da competición establece que o público debe pagar. Así, a entrada única (incluído socios do Deportivo), será de cinco euros. Os nenos ata 14 anos teñen acceso gratuíto á Cidade Deportiva branquiazul.

Pola súa banda, o Cadete A disputará mañá luns ás 10.00 (hora local) ante o Vicela portugués a final de consolación do Torneo Internacional sub-17 que organiza o Vitoria de Guimaraes.

Esta mañá, o Dépor perdeu no terceiro partido ante o Sporting Club de Portugal (2-3) pero clasificouse por mellor golaverage para as semifinais. Pola tarde, o Benfica derrotou ao conxunto de Secho (0-1), que se xogará o terceiro posto co Vicela luso.