RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor celebra os seus 400 partidos en Copa cunha vitoria e tres debuts (1-2)

- Foto: LaLiga-   O RC Deportivo comenzó a súa andaina nunha nova edición da Copa do Rei cun triunfo no seu partido número 400 no torneo do KO. No campo do Llagostera, conxunto de Segunda División, os branqu

Víctor Sánchez do Amo, no regreso do Dépor ao Estadio Palamós Costa Brava case un cuarto de século despois da súa última visita, dispuxo un once cos menos habituais na liga e con dous debuts en competición oficial, os do canteirán Róber Suárez e o fabrilista Miguel Cardoso.

Arrincou con forza o Dépor. Nos primeiros compases, Medunjanin xa probara nun par de ocasións ao gardameta local. No minuto 5, Oriol Rise acariñou o gol tras un preciso centro de Cardoso. O cabezazo do dianteiro catalán marchouse fóra por escasos centímetros. Antes do minuto 10 producíronse outro tres acciones perigosas, a máis clara nun centro-chute de Fede Cartabia.
 
Ao cuarto de hora, Lopo cabeceou con claridade unha falta botada por Fayçal, pero a xogada foi anulada por fóra de xogo. De inmediato, Cardoso probouno cun disparo raso que puxo en apertos a René. E no 17, foi Medunjanin quen culminou un brillante contragolpe conducido por Fede Cartabia. O disparo do bosníaco esixiu a mellor intervención do cérbero azulgrana ata ese momento.
 
A pesar da batería de ocasións branquiazuis, o primeiro achegamento do Llagostera acabou co balón no fondo das mallas da portaría de Manu. Un rebote tras unha falta botada por Ríos acabou nos pés de Jordi López, que puxo un centro tépedo ao segundo pau.
 
Alí baixou o esférico Juanjo Expósito, que aguantou a presión de Lopo e superou por baixo á meta deportivista. Segundos despois, estivo a piques de chegar o 2-0, tras unha indecisión da retagarda coruñesa que non soubo aproveitar Benja.
 
Despois duns minutos de desconcerto e de perda do control do encontro, Medunjanin estivo a piques de lograr o empate. Xusto ao cumprirse a media hora, o zurdo balcánico enganchou o rexeite da defensa a un saque de esquina lanzado por Fayçal. O seu derechazo foise lamiendo o pau esquerdo da meta de René.
 
Unha nova acción de estratexia botada por Fayçal, unha falta desde o extremo esquerdo do ataque herculino, peiteouna Lopo por encima do traveseiro, por moi pouco. Corría o minuto 32. No minuto 40 foi Juan Domínguez o que roldou o gol, nun lanzamento desde a frontal da área que buscaba a cepa do pau esquerdo de René. E segundos despois, foi Fede Cartabia quen buscou a escuadra do segundo pau cun durísimo disparo con efecto que se escapou por milímetros. Cando se cumpría o tempo regulamentario, nunha fantástica xogada trenzada por todo o mediocampo e a dianteira deportivista, René evitou de novo o gol, nun novo tiro de Juan Domínguez.
 
Con dous lanzamentos a porta do conxunto azulgrana e quince dos branquiazuis, pero co marcador favorable aos cataláns, chegouse ao descanso. A pesar de todo, hai que destacar o fenomenal xogo despregado polos deportivistas nos primeiros 45 minutos.
A dinámica variou na segunda metade. O dominio do Dépor deixou de traducirse en ocasións claras e o Llagostera merodeó a área de Manu a través de varios contragolpes. Un deles resolveuse cunha falta de Luisinho que Ríos estivo nun tris de converter no segundo tanto local. O lateral zurdo azulgrana golpeou duro e con rosca. O esférico saíu lamiendo a escuadra dereita do portal de Manu.
 
E despois de que o Dépor recuperase o mando do choque, aínda que sen xerar ocasións de perigo durante un cuarto de hora, chegou o empate. Cardoso desbordou a Masó no extremo esquerdo do ataque deportivista. O centro do portugués desviouno Juanjo e o balón caeu no segundo pau, onde Fede Cartabia, só, enganchou un derechazo a botepronto co que fusilou a René.
 
Catro minutos despois, o Deportivo quedou con dez homes debido á expulsión de Luisinho. O lateral portugués viu dous cartóns amarelos en quince minutos, por senllas infraccións sobre Querol. Entón, Víctor recompuxo o equipo retirando a Cardoso e dando a alternativa a Saúl, que se sumou á lista de debutantes en partido oficial.
 
Ao fío da media hora do segundo acto, Oriol Rise puxo o 1-2. Golazo do dianteiro deportivista, que evitou o fóra de xogo, recolleu un pase picado de Fayçal e na súa aproximación á área perfilouse para soltar un zurdazo con efecto imposible para René.
 
No dez minutos finais, o Llagostera foise arriba con todo e dispuxo de varias oportunidades para devolver a igualada ao marcador, a máis clara nunha volea de Querol tras un centro pasado. Tamén un pícaro Oriol Rise estivo a piques de facer o terceiro, ao disparar a porta cando René esperaba o centro, aínda que o seu lanzamento foise por encima do traveseiro.
 
O encontro de volta disputarase o martes 15 de decembro ás 20.00 horas no Estadio de Riazor.
 
UE Llagostera: René, Masó, Fran Cruz, Jorge, Ríos, Eloy Gila (Querol, min. 46), Escassi, Jordi López (Pitu, min. 67), Juanto (Jesús Imaz, m.46), Benja e Juanjo.
 
RC Deportivo: Manu, Laure, Lopo, Róber, Luisinho, Medunjanin, Juan Domínguez, Fayçal, Fede Cartabia (Cani, min. 80), Oriol Rise (Jonathan Rodríguez, min. 87) e Cardoso (Saúl, min. 69).
 
Goles: 1-0 Juanjo (min. 21); 1-1 Fede Cartabia (min. 60); 1-2 Oriol Rise (min. 73).
 
Árbitro: Martínez Munuera (c. valenciano). Expulsou a Luisinho (min. 64) por dobre amoestación. Amoestou a Cardoso (min. 55), Escassi (min. 68) e Fede Cartabia (min. 78).
 
Incidencias: partido de ida dos dezaseisavos de final da Copa do Rei disputado no Estadio Palamós Costa Brava ante uns 1.500 
espectadores, con notable presenza de seguidores deportivistas.