RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor céntrase esta mañá nas finalizacións "nese proceso en ser cada día máis estables, cada día mellores"

O Deportivo centrouse esta asollada mañá nas finalizacións no campo 3 após unha activación con rondos.

Óscar Gilsanz, en rolda de prensa hoxe mesmo, insiste en "traballar día a día pensando sempre no próximo partido e en mellorar sempre ao equipo. No deporte e no fútbol a competición diaria é contra un mesmo. Entón, ti sempre tes que ser mellor do que eras hai unha semana, 3 ou 6".

Indica que en que "estamos nese proceso en ser cada día máis estables, cada día mellores" e subliñou que "os futbolistas están a traballar cunha profesionalidade moi valorable".

En rolda de prensa, o preparador branquiazul confirmou que salvo Escudero, e a falta do adestramento de mañá sábado 1 de marzo en Abegondo a partir das 11:00 horas, todos os futbolistas están dispoñibles para o partido deste domingo 2 de marzo ás 16:15 no Carlos Tartiere ante o Real Oviedo (LaLiga TV Hypermotion).

"É unha boa noticia sempre ter a todos dispoñibles, traballando a bo ritmo. A dificultade é para o adestrador, que ten que decidir, pero é o que queremos", apunta o técnico deportivista.

O gardameta Alberto foi o representante de #ANOSACANTEIRA.