O Dépor comeza mañá mércores a preparar o partido en ABANCA-RIAZOR ante o Celta Fortuna
O Deportivo, hoxe con xornada de descanso, comeza mañá mércores 3 de outubro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do Celta Fortuna a ABANCA-RIAZOR, prevista para o domingo 8 de outubro ás 19:00 horas (FEF TV), correspondente á 7ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.
A xornada da fin de semana deixou a Os Nosos en 12ª posición da táboa con 7 puntos, a 3 puntos de posicións de play off de ascenso, cuxa última praza corresponde á Real Sociedad B (5ª con 10 puntos).
Imanol Idiakez dispuxo de 4 sesións de traballo matinais, a última delas, o sábado 7, en ABANCA-RIAZOR a porta pechada.
Cada día que haxa actividade en Abegondo, o cadro reúnese na propia instalación branquiazul para almorzar a partir das 8:30 e para comer após a sesión de traballo, neste caso mañá mércores e o xoves.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 4 de outubro 10:30 h., Abegondo
Xoves 5 de outubro 10:30 h., Abegondo
Venres 6 de outubro 10:30 h., Abegondo
Sábado 7 de outubro 10:30 h., ABANCA-RIAZOR
Domingo 8 de outubro 19:00: Deportivo - Celta Fortuna, en ABANCA-RIAZOR