RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor comeza mañá mércores a preparar a visita ao CF Fuenlabrada

O Deportivo arrinca mañá mércores a serie de adestramentos previos á seguinte cita ligueira, a visita ao CF Fuenlabrada prevista para o domingo 1 de outubro ás 12:00 (FEF TV) no Estadio Fernando Torres, correspondente á 6ª xornada.

Os resultados da pasada fin de semana deixaron a Os Nosos en 7ª posición do grupo 1º de Primera Federación con 7 puntos, por detrás do Nástic de Tarragona (13 puntos), Real Unión de Irún (12 puntos), SD Ponferradina (11 puntos), Osasuna B (10 puntos), SD Logroñés (9 puntos) e UE Cornellà (8 puntos).

Imanol Idiakez dispuxo antes do partido ante os madrileños de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva.

Ademais, o entrenamiento do sábado 30 de setembro adiántase ás 10:00, media hora antes sobre o horario habitual das 10:30 para, ao concluír, emprender viaxe por estrada a Alcorcón, cuartel xeral do Dépor.

Cada día os futbolistas están citados para almorzar ás 8.30 (8:00 o sábado) na propia instalación branquiazul.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte: 

Mércores 27 de setembro
10:30 h., Abegondo

Xoves 28 de setembro
10:30 h., Abegondo

Venres 29 de setembro
10:30 h., Abegondo

Sábado 30 de setembro
10:00 h., Abegondo

Domingo 1 de outubro
12:00: CF Fuenlabrada - Deportivo, no Estadio Fernando Torres