RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Amigable de preparación de Yeremay e a sub-21 este venres 6 de maio en Alcorcón ante Ucraína

-Foto:https://rfef.es/es

 

Yeremay Hernández está concentrado coa selección española sub-21 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas co obxectivo de preparar o próximo Campionato de Europa da categoría que se disputa en Eslovaquia este mes de xuño.

Desta concentración saíu a lista de 23 xogadores convocados para o torneo europeo que arrinca o día 11 e na que está incluído xa definitivamente o canteirán deportivista.

Neste período inicial de traballo está previsto un amigable ante Ucraína mañá venres 6 de xuño ás 20:30 horas (La 2) no Estadio Santo Domingo de Alcorcón.

Eslovaquia, Romanía e Italia serán os rivais de Yeremay na cita continental.

O calendario da selección española sub-21 é o seguinte:

Mércores 11 de xuño
18:00: ESLOVAQUIA - ESPAÑA, no Estadio Nacional de Bratislava

Sábado 14 de xuño
18:00: ESPAÑA - ROMANÍA, no Estadio Nacional de Bratislava

Martes 17 de xuño
21:00: ESPAÑA - ITALIA, no Estadio Antón Malatinsky de Trnava