O Dépor, con Nacho Abella, en cuartos de final do Torneo Online #1 de eLaLiga
Un dos dous xogadores do Dépor na eLaLiga, Nacho Abella, disputa esta tarde os cuartos de final do Torneo Online #1 que están a xogar ao longo de toda esta semana 3.266 xogadores en eliminatorias ao mellor de 3 partidos na modalidade de 1vs1 en PS4.
O outro representante Deportivista na competición, Iván Rubianes, tamén callou un excelente torneo pero quedou ás portas dos cruces finais.
Nacho, baixo o nick de Pepeelbotellu, gañou por 2-0 en cinco dos sete partidos, mentras que ante Thinicolas e Vivi-Khofolo-|7| impúxose pola mínima, 2-1, para chegar aos cuartos de final nos que, a partir das 19:30 h. enfrontarase a Adrimaan01 (con insignia do Real Madrid).
No cuarto encontro, após tres 2-0 consecutivos, caeu Iván, con IvRubianes como nick, por idéntico resultado pero neste caso en contra, o pasado mércores.
En caso de superar a súa primeira cita de hoxe, o percorrido de Nacho cara á final sería disputar hoxe a semifinal a partir das 20:45 e a final desde as 22:00. Os partidos do xogador deportivista poden seguirse en directo na súa canle de Twitch: https://www.twitch.tv/pepeelbotellu50