O Dépor de #LaLigaGenuine completa a súa primeira xornada fronte ao Athletic
O Dépor de LaLiga Genuine completou a súa participación na primeira xornada desta temporada fronte ao Athletic Club. O resultado final foi de 1-2 para o Athletic, pero o Deportivo gañou unha das partes, a primeira da fin de semana, co golazo do vídeo.
Ademais, os xogadores de Pablo Barros acumularon un 27 sobre 30 en Fair Play neste partido, que unidos aos 26 ante Las Palmas e 29 contra o Espanyol sitúanos nas primeiras posicións desta clasificación xunto ao Córdoba e o propio Athletic.
No primeiro día da primeira xornada, o Dépor disputou dous partidos nos que o equipo competiu deixando unha boa imaxe.
No choque vespertino, os resultados parciais contra Las Palmas foron:
1ª Parte 0-0 2ª Parte 2-2 (Senén e Borja) 3ª Parte 0-0 4ª Parte 0-2
Pola tarde estivo enfronte un dos candidatos ao titulo, o Espanyol, con algúns dos seus futbolistas na selección española de Special Olympics, pero aínda así o Dépor competiu en todas as partes, perdendo pola mínima en dúas delas.
1ª Parte 2-0 2ª Parte 2-0 3ª Parte 1-0 4ª Parte 1-0
Completada a primeira xornada en Vila-real, este é o resto de calendario de LaLiga:
- 2ª fase: Tarragona (do 19 ao 21 de xaneiro de 2018) - 3ª fase: Mallorca (do 13 ao 15 de abril de 2018) - 4ª fase: Vigo (do 8 ao 10 de xuño de 2018)
Todos os partidos divídense en 4 tempos de 10 minutos cada un e o resultado final é o de períodos gañados por cada equipo e non o de goles anotados. É dicir, o marcador máis avultado que se poderá dar é o 4-0.
En LaLiga Genuine, ademais da suma de puntos polos resultados deportivos, co fin de que prime a deportividade e non a competitividade, todos os clubs contarán cada xornada cunha serie de puntos que premien o xogo limpo. Trátase dunha liga para compartir, non competir, e todas as accións que promovan o fair play serán premiadas con puntos na clasificación final.