RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor estreará a publicidade de Sockatyes este venres

- Foto: Susi García - O Deportivo lucirá publicidade nas súas medias, por primeira vez esta tempada, no partido do próximo venres fronte ao Córdoba. Sockatyes, o partener asiático da LFP que desenvolveu este produto,

Deste xeito, o Real Club Deportivo únese ao acordo comercial que a liga de Fútbol Profesional ten con Sockatyes para a explotación deste espazo dos equipamentos de xogo en encontros oficiais cos equipos da liga BBVA e Liga Adiante. Hai unhas semanas, na presentación global do produto, Adolfo Bara, director de Mercadotecnia da LFP, lembrou que "desde a LFP, e da man de todos os clubs da liga, estamos a traballar para activar unha estratexia de internacionalización da competición, queremos facer unha Liga global". Bara engadiu que "o obxectivo é incrementar a notoriedade como valor de marca".

As medias do Dépor e Sockatyes xa están na maleta da expedición que viaxa a Córdoba e esta mañá, un dos capitáns, Juan Domínguez, tivo a oportunidade de probar a súa aplicación no terceiro equipamento que o equipo lucirá o venres.