RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor finaliza a tempada cunha goleada en Montjuic nun dos mellores partidos do ano

O Deportivo despediuse da liga 2006-07 cun dos seus mellores partidos, e goleou (1-3) a un Espanyol que tamén quería homenaxear cunha vitoria a Raúl Tamudo, un dos seus mellores artilleiros. A pesar de xogar boa parte do encontro cun home menos debido á e

A pesar de non haber nada en xogo, ambos os equipos buscaron a vitoria desde o primeiro minuto. Caparrós deu entrada a Filipe polo "tocado" Capdevila e a Iago que fixo de enganche nun bo partido do canteirán. Tanto o Deportivo como o Espanyol achegábanse con perigo á área rival, pero durante o primeiros corenta e cinco minutos sen apenas ocasións claras.

Todo se decidiu na segunda metade, que o Deportivo afrontaba cun home menos debido á expulsión de Andrade por vermella directa. O choque púñase costa arriba co 1-0, logrado de penalti por Tamudo. A partir de aí, o Espanyol desinflouse. Foi a mesma película que a tempada pasada, cando o equipo espanyolista gañou en Riazor xusto ao quedar cun home menos. Empatou Iago, que rematou con algo de fortuna un centro desde a esquerda. O equipo de Valverde veu abaixo e mandaba xa o cadro de Caparrós. Sergio sacouse un golazo da chistera ao mandar un balón á escuadra desde o vértice da área grande, e rodeado de contrarios. A puntilla veu da man de Riki, que controlou un balón longo e, sen esperar a achegarse a Gorka bateulle por alto dunha preciosa vaselina.

O Dépor finaliza con dignidade unha Liga "complicada", como a cualificou Caparrós, despois de facer os deberes hai case dous meses, asegurarse a permanencia na categoría, e facer un bo torneo de Copa do Rei quedándose por segundo ano consecutivo ás portas da final.