RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor gaña ao Elxe e deixa sentenciado o seu pase a oitavos de final da Copa do Rei

var ivPlayer1436720 = new IVPlayer("320", "240",true, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1436720.playVideo('player1436720', 'copa_0809_16_ida_elche0-deportivo2_29

Miguel Anxo Lotina deixou para este partido de Copa en casa a varios titulares o pasado domingo ante o Sporting de Xixón, caso de Lafita, Pablo Álvarez, Filipe, Sergio ou Colotto, este obrigado por sanción; ou no banco, caso de Aranzubía, Lopo e De Guzman, aínda que o canadense viuse ?obrigado? finalmente a entrar no once debido á fortuíta lesión de Antonio Tomás no quecemento previo. O pivote cántabro sofre unha escordadura do ligamento lateral externo do nocello que lle fixo abandonar o encontro antes de que o colexiado pitase o inicio.

Empezou mellor o Elxe, máis entoado que o Deportivo, presionando ben no centro do campo. Con todo, foi Riki o que, ao aproveitar un erro defensivo no control do balón de Olmo, bateu a Willy e facía o 0-1. Foi o fin da ilusión ilicitana de poder facer a machada.

Sabéndose superior e aínda encima con vantaxe no marcador, os de Lotina xogaron cómodos xa ata o final do partido, aínda que Fabricio evitou nun par de boas intervencións o empate ilicitano, sobre todo ao saque dunha falta de Dani Benítez que se coaba pola escuadra no minuto 56.

Na recta final do choque chegou a sentenza á eliminatoria. Contragolpe do Deportivo, o balón chégalle a Mista, que relevou a Riki tras o descanso. O murciano deixa en bandexa a Bodipo, substituto de De Guzman, que a pracer facía o 0-2.

Final do partido e a pensar xa no partido do Betis, este domingo ás 21.00 horas (Canle Plus) no Manuel Ruiz de Lopera.

Deportivo: Fabricio; Laure, Adrían López, Ze Castro, Manuel Pablo, Juan Rodríguez, De Guzmán (Bodipo, m.53), Cristian, Verdú, Gardado (Lopo, m.76), Riki (Mista, m. 59).