RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor gaña o XVII Moncho Rivera no que se recadaron 27.215 euros para a Cociña Económica

  O Dépor impúxose no XVII Torneo da Vitoria, Memorial Moncho Rivera, ao CD Lugo nos lanzamentos desde o punto de penalti tras acabar 2-2 os 90 minutos de partido. Unha entretida e boa primeira parte sirvió para que o Dépor a

Víctor apostou por dar minutos de saída a varios titulares do último partido (Laure, Sidnei, Mosquera, Fayçal e Lucas) e a outros xogadores que polo momento estaban inéditos tras dúas xornadas de Liga.
 
O partido comezou coa parsimonia propia dun encontro amigable e con dominio de balón do Deportivo. As primeiras aproximacións chegaron polo centro con intentos de Lucas e Fayçal que desbaratou a defensa. Houbo que esperar ao minuto 8 para a primeira ocasión clara cun disparo cruzado de Lucas Pérez á esquerda da meta defendida por Javi Pita.
 
No minuto 12 unha perda de Dépor estivo a piques de converterse en gol cun balón á frontal no que Manu, atento á saída, arrebatou o esférico dos pés de Joselu.
 
Un minuto despois anotou o primeiro o Dépor cunha xogada por banda dereita que acabou centrando Cardoso para o remate de Lucas de espuela nun bo gol no que se fixo dano ao rematar.
 
Pero a dor durou pouco ao de Monelos, porque nunha boa carreira tres minutos despois fixo o segundo, de vaselina, ante a saída de Javi Pita.
 
A partir do minuto 30 o Lugo fíxose un pouco máis presente no partido, buscando o balón e a portaría do Dépor. No minuto 36 chegou a primeira intervención de Manu Fernández que salvou sen problemas un frouxo remate de cabeza de Igor Martínez á saída dun córner.
 
No minuto 39 Molinero lanzou unha falta da raia desde a zona dereita de ataque que se coou por encima do gardameta deportivista. Outro gran gol para pór o 2-1 no marcador.
 
Na xogada posterior, Juan Domínguez, rematando de cabeza un saque de esquina lanzado por Lucas, estrelou o balón no pau.
 
Con esa xogada púxose punto final a unha primeira parte entretida, con ocasións sobre todo do Dépor e tres grandes goles que fixeron as delicias dos afeccionados congregados en Riazor.
 
Un tiro de Legaz alto tras un bo caneo na frontal da área tivo unha rápida e contundente resposta por parte do CD Lugo, que anotou tras xogada por banda dereita que rematou Joselu na frontal da área pequena batendo a David.
 
A punto estivo de marcar o Dépor nunha boa xogada ata liña de fondo de Juan Domínguez, que deixou atrás para un remate en posición difícil de Marcos Legaz. O propio Legaz e Corredera combinaron ben no frontal pero o tiro marchouse frouxo ás mans de Javi Pita.
 
Juan Domínguez dispuxo dunha boa ocasión tras unha rápida xogada na que Juanfran conduciu ata a interior da área e tras recibir un empuxón deixou o balón atrás. A volea do naronés marchouse alta. Campillo tivo unha clara cun disparo desde a frontal que se lle marchou desviada a falta de 10 minutos para o final.
 
O segundo tempo, con moitas rotacións e con menos intensidade que a primeira metade, acabou con empate a dous tantos polo que o gañador do torneo tívose que decidir desde o once metros.
 
Un erro de cada equipo no cinco primeiros lanzamentos obrigou a buscar o fallo na seguinte rolda. Un fallo que chegou polo acerto de David Gómez ao adiviñar o lanzamento de Carlos Hernández e que permitiu ao Dépor conseguir o XVII Torneo da Vitoria CF Memorial Moncho Rivera.
 
RC Deportivo: Manu (David, min. 46), Laure (Juanfran, min. 46), Álex, Sidnei (Róber, min. 46), Saúl, Juan Domínguez, Mosquera (Arribas, min. 46), Cardoso (Fisk, min. 71), Fayçal (Hugo Rama, min. 46), Óscar (Àlex Corredera, min. 46) e Lucas (Marcos Legaz, min. 46).
 
CD Lugo: Javi Pita, Israel Porto (Óscar Rivas, min. 70), Carlos Hernández, Seoane (Carlos Pita, min. 46), David López (Renda, min. 80), Molinero (Campillo, min. 59), Igor Martínez (David Ferreiro, min. 46), Joselu (Pedrosa, min. 59), Pau Cendrós (Iriome, min. 46), Álvaro e Lemos (Pedro, min. 80).
 
Goles: 1-0 Lucas (min. 13); 2-0 Lucas (min. 15); 2-1 Molinero (min. 39); 2-2 Joselu (min. 54). Quenda de penaltis: 5-4
 
Árbitro: Eiriz Mata (C. Galego). Amoestou a Fayçal (min. 29) e a Arribas (min 78) polo Deportivo e a Carlos Hernández (min. 79) e David Ferreiro (min. 84) polo CD Lugo.
 
Incidencias: partido XVII Memorial Moncho Rivera, disputado en Riazor. Recadación a favor da Cociña Económica: 27.215 €. Antes de comezar o encontro Juan Vázquez, presidente da Vitoria CF, entregou a insignia de ouro do Club ao que fose o seu xogador, Lucas Pérez.