RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor Genuine arrincou a súa participación na liga de fútbol sala da Federación Galega de Deporte Adaptado

O RC Deportivo debutou hoxe mércores 12 de febreiro nunha nova edición da liga galega de fútbol sala organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado, nunha primeira xornada que tivo lugar no Polideportivo da Marisma e o Pavillón Municipal de Redondela, ambos nesta localidade pontevedresa.

Para esta temporada, a Deportivo conta con 2 equipos, nos que van convocados todos os xogadores que forman parte do RC Deportivo Genuine e que compiten nas dúas categorías (Competición e Adaptada) en que está dividida a liga. Durante toda a xornada disputáronse 4 partidos, 2 da categoría Competición e 2 na categoría Adaptada, cunha vitoria e unha derrota na primeira delas e 2 vitorias na segunda.

Os resultados dos equipos deportivistas foron os seguintes:

Categoría Competición
DEPORTIVO 3 (Álex Rey -2- e Bárbara) - SAN RAFAEL 4
VILAGARCÍA 0 - DEPORTIVO 3 (Miguel, Álex Rey e Bárbara)

Categoría Adaptada
DEPORTIVO 4 (Cristian -2- e Juan Andrés -2-) - ASDAN 2
SALADINO C 2 - DEPORTIVO 6 (Álvaro López, Cristian -2-, Roi, Juan Andrés e Álex Pereira)

O Dépor Genuine continúa adestrando con vistas á segunda fase de LaLiga Genuine, que terá lugar en Sevilla, os días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo.