RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor, impecable tácticamente, arrinca un empate en Sevilla

var ivPlayer1826053 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1826053.playVideo('player1826053', 'lfp10-11_j2_sevilla0-deportivo0_12-0

Sevilla e Deportivo déronse de todas as cores a pasada tempada, con dous enfrontamentos en Liga e outros dous nos cuartos de final da Copa do Rei. Houbo vitorias branquiazuis (as dúas pola mínima, unha en Riazor e outra no Estadio Sánchez Pizjuán), un repasillo sevillista na Coruña (0-3 copeiro) e un empate de alta tensión na capital andaluza na segunda volta da tempada pasada, alá polo mes de marzo. Por conseguinte, o partido desta noite non tiña prognóstico claro, con dous equipos que se coñecen moi ben.
 
Lotina probou o fondo de armario deste novo Dépor. E teno. Co lesionado Aranzubía, e Rindaroy, Ze Castro, Saúl, Valerón e Pablo Álvarez (este catro últimos xogadores a tempada pasada sempre entre os citados) na Coruña por decisión técnica, Desmarets (que quedou fóra da convocatoria na primeira xornada en Riazor ante o Zaragoza) e o internacional sub-21 Rubén Pérez sentaron respectivamente a Míchel e a un dos incombustibles e pesos pesados do equipo, Juan Rodríguez.
 
Os primeiros minutos foron moi disputados. Precisamente a primeira oportunidade foi deportivista. Un bo movemento de Gardado e Morel finalizou nun remate a porta de Adrián (goleador en Sevilla a pasada tempada). Palop atallou. Aos poucos, o Sevilla, un equipo de calidade pero que non acaba de arrincar, a pesar da súa goleada ao Levante na primeira xornada de Liga, apertou os dentes e foise cara á portaría de Manu. Negredo tivo a mellor oportunidade na recta final do primeiros corenta e cinco minutos. Manu mide mal a saída nun centro ao segundo pau e o remate do dianteiro madrileño do Sevilla vaise ao traveseiro.

 

A segunda metade seguiu polos mesmos camiños. Lopo, curiosamente autor do gol que deu o último triunfo do Dépor fose de casa, en Santander a tempada pasada, estivo a piques de marcar. O seu remate de cabeza, na frontal da área pequena e só ante Palop, incriblemente non colleu portaría.
 
Antonio Alvarez sacou todas as súas naves, incluído o dianteiro brasileiro Luís Fabiano, pero o Deportivo non se deixou sorprender. Só Negredo e Konko puideron cambiar o rumbo do partido.
 
Con este resultado, o Deportivo queda co Real Madrid como único equipo que aínda non encaixou ningún gol. Almería e Real Sociedade, tamén coa súa portaría a cero, xogan mañá luns o seu segundo partido ligueiro.
 
Sevilla FC: Palop; Konko, Martín Cáceres, Escudei, Fernando Navarro; Jesús Navas, Zokora, Guarente (Renato, m. 69), Perotti; Kanouté (José Carlos, m. 69) e Negredo (Luís Fabiano, m. 77).

RC Deportivo: Manu; Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Morel; Rubén Pérez (Juca, m. 78), Antonio Tomás (Juan Rodríguez, m. 70); Urreta, Gardado, Desmarets (Lassad, m. 57); e Adrián.

Árbitro:
Javier Turienzo Álvarez (Comité Castelán-Leonés). Amoestou a Gardado e Lopo por parte do Deportivo.

Incidencias: Partido disputado no estadio Ramón Sánchez Pizjuán ante preto de corenta mil espectadores.