RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor nunca se rende #ANosaForza a Bilbao!

Tras o partido de onte, o deportivismo vai seguir demostrando que é o valor más importante do Club e que, entre todos, conseguiremos o obxectivo de manternos en Primeira. Estamos vivos, non nos podemos render e temos que pelexar ata o final para se

Deste xeito quérese conseguir que todas e cada unha das localidades habilitadas para os deportivistas estean ocupadas por un afeccionado do Dépor que, co seu apoio incondicional, axude ao equipo a conseguir gañar en San Mamés. Os socios e afeccionados que compren as súas entradas para ese partido terán que abonar 22,5 ou 25 € por entrada dos 45 e 50 que valen.

A pesar das negociacións entre as entidades, os prezos que o Athletic ten fixados para as afeccións rivais habían posto costa arriba a presenza de moitos afeccionados en Bilbao. O Dépor non quere que, nun momento como noutros tantos da historia no que necesita á súa afección ao 100%, non estea todo o que queira estar no País Vasco.

O Deportivo tamén quere lembrar que antes dese encontro é igual de fundamental o apoio do deportivismo no partido do sábado ante o Vilarreal. O Dépor ten que apostar ao pleno de vitorias en Riazor para tratar de conseguir o obxectivo de manterse un ano máis en Primeira División. Buscando o cheo, e o pleno, para os dous últimos partidos de Liga os socios poden retirar un pack de 4 entradas (2 para cada partido: Vilarreal -sábado 2 de maio, 22:00- e Levante -domingo 17 de maio s/h-) ao prezo de 15 € en calquera das bancadas aínda dispoñibles. Ou un pack de 2 entradas para un dos dous partidos ao prezo de 10 €. Cada socio pode adquirir co seu carné ata 4 packs.

Entradas para o Athletic - Dépor do 9 de maio