RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor, nunha semana "con máis alegría", ultima a preparación do partido ante o Real Zaragoza, este xoves co balón parado como protagonista

O Dépor ultima no Dépor Training Center a preparación do partido ante o Real Zaragoza previsto para este sábado 21 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) ante o Real Zaragoza.

Após unha activación con rondos, houbo unha tarefa de finalizacións, un exercicio táctico no campo 2 e un repaso ás accións a balón parado.

Diego Villares admitiu ante os medios de comunicación que "após unha vitoria a semana sempre leva con máis alegría".

De feito, o capitán deportivista confesa que "estamos a desexar que chegue o sábado para conseguir os 3 puntos en ABANCA-RIAZOR".

Está con adestramento personalizado Loureiro mentres que David Mella recibiu este xoves o alta hospitalaria no Centro Olympia de Madrid despois de ser intervido cirurxicamente polo doutor Manuel Leyes dunha lesión no ligamento lateral externo do seu xeonllo esquerdo.

Samu Fernández e Bil foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este venres 20 de marzo Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.