RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Diego Villares: "Quédannos 12 finais, 7 delas en casa, e necesitamos o apoio de ANOSAFORZA, que é o máis importante para nós"

Diego Villares pediu a #ANOSAFORZA na sala de prensa do Dépor Training Center que nos 7 partidos que restan en ABANCA-RIAZOR "nos apoien como o están facendo. Quédannos 12 finais, 7 delas en casa e necesitamos o apoio da xente, que é o máis importante para nós".

O capitán deportivista asegura que o equipo está "con moitísimas ganas" despois do triunfo e Ceuta e subliña "o bo partido" realizado no Estadio Alfonso Murube "para gañar nun campo complicado. Eles na súa casa íannos a pór as cousas difíciles e con ese gol de Alti ao final puidemos traernos a vitoria".

Cre que os triunfos no desconto explícanse porque "o Dépor segue tentándoo até o final, non se rende en ningún momento, segue buscando a portería rival. Tanto o ton físico como esa crenza ata que pite o arbitro é o que nos dá eses puntos ao final".

Finalmente, do Real Zaragoza, rival este sábado 21 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR, Diego Villares advirte que "se ves o cadro, xogador por xogador, ten un equipazo. Veñen de gañarlle á UD Almería. Co pouco que queda todos os equipos queren sacar os máximos puntos posibles para poder lograr o obxectivo".