RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor perde en Pamplona un partido que quedou sentenciado na primeira metade

var ivPlayer1130041 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1130041.playVideo('player1130041', 'lfp09-10_j36_osasuna3-deportivo1_05-

O once inicial branquiazul (hoxe totalmente de branco) foi o previsto, coas novidades de Añón por banda esquerda e de Rochela, como pivote defensivo con Juca. Lotina advertiu que nestes partidos nos que desafortunadamente o equipo non se xoga xa máis que o prestixio, ía dedicarse a ver a xogadores de face á tempada que vén.
 
O Osasuna, que se xogaba lograr matematicamente a permanencia, saíu ao céspede do estadio navarro decidido a por o tres puntos. Ao minuto, Aranda xa tivo a súa primeira oportunidade nun man a man con Aranzubía que finalmente Lopo resolve enviando a saque de esquina. Catro minutos máis tarde, Riki recibe de Valerón, titular hoxe en Pamplona, e o madrileño xuta raso lixeiramente desviado da meta de Ricardo.
 
O balón practicamente xogábase no campo do Deportivo, posto que a necesidade facía que o Osasuna pelexase como unha final cada balón en mediocampo. Así, ao dez minutos, Camuñas puña en vantaxe ao cadro rojillo tras un bo centro de Aranda ao segundo pau, un cabezazo de Pandiani metendo o balón na área pequena, e un sutil toque de Camuñas coa cabeza desviando o esférico o xusto para despistar na súa saída a Aranzubía.
 
Catro minutos máis tarde, o Deportivo empataba o encontro. Valeron mete un gran servizo raso a Riki, que cruza ante a media saída de Ricardo. Corría o minuto 14 e o Dépor volvíase a meter no partido.
 
Pero foi Osasuna o que golpeou de novo no minuto 23. Pandiani cabecea á rede un bo centro desde a banda dereita do ataque osasunista. A Aranzubía escapóuselle o balón entre as mans. Era o 2-1 que volvía pór en vantaxe ao equipo local. Pouco despois, Juanfran logra o 3-1 xa definitivo ao cruzar un balón á rede tras unha boa xogada do omnipresente Aranda.
 
De aquí ao descanso, só destacar un cabezazo de Valerón que se foi alto por pouco.
 
No segundo tempo, o partido seguiu os mesmos camiños. O Osasuna dedicouse a amarrar un resultado favorable que lle daba a permanencia, mentres que o Dépor tratou de acurtar distancias coa entrada ao terreo de xogo de Lassad e Sergio, auque sen demasiada pólvora arriba. A oportunidade máis clara de lograr o segundo gol deportivista foi para Lopo, pero o seu cabezazo, tras un saque de esquina lanzado por Sergio, foise ao traveseiro.
 
Ao final, derrota en Pamplona. O sábado ás 21.00 horas, o Deportivo pechará en Riazor a tempada coa visita do Mallorca.
 

Osasuna: Ricardo; Azpilicueta, Sergio, Miguel Flaño, Monreal; Juanfran, Puñal (Rúper, m. 74), Nekounam, Camuñas; Pandiani (Masoud, m. 90) e Aranda (Vadocz, m. 74).

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Lopo, Laure; Juca (Lassad, m. 64), Rochela; Juan Rodríguez, Valerón (Sergio, m. 64), Añón (Iván Pérez, m. 78); e Riki.

Árbitro: Paradas Romeu, do Colexio Andaluz. Non amoestou a ningún xogador do Deportivo.
Goles: 1-0, m.10: Camuñas; 1-1, m. 15: Riki; 2-1, m. 24: Pandiani; 3-1, m. 32: Juanfran.