RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor, que caeu co Recreativo, non puido despedirse con vitoria da afección de Riazor

O Deportivo, que caeu esta tarde ante o Recreativo (2-5), non puido despedirse con vitoria dos seus afeccionados. A próxima semana, en horario aínda por confirmar, o equipo branquiazul finalizará a competición ligueira ante o Espanyol, en Montjuic, noutro

O partido caracterizouse pola falta de tensión do Deportivo e o acerto do Recreativo en ataque, que aproveitou o seu acerto para desbordar a un Dépor sempre a contrapie..

Joaquín Caparrós non rotou e sacou un once dos habituais, coas forzadas ausencias de Arizmendi e Duscher, sancionados; e de De Guzman, convocado pola súa Selección. Aínda así, o Recre pronto avisou, grazas a unha oportunidade de Uche, cuxo tiro á media volta, raso, foise fóra por pouco. Os dous primeiros tantos de Cheli e de Javi Guerreiro, un dos que sempre marcan en Riazor, puxo en xustiza ao equipo andaluz en vantaxe. O Dépor puido recortar diferenzas, pero Riki non aproveitou unha boa asistencia de Pablo Álvarez ou unha galopada en solitario cara á meta Laquait, que foi abortada pola zaga recreativista.

Tras o descanso, Caparrós deixa a Sergio no vestiario e sae Verdú para tratar de mover a pelota. Empezou mellor o Dépor, pero de novo foi o Recreativo o máis efectivo e máis afortunado. Cazorla bateu de tiro raso a Aouate nunha falta na que o balón se coou entre a barreira. Pouco despois, de novo Cazorla castigaba de novo a portaría deportivista, ante un público que acolleu con exquisita deportividade a efectivad do decano do fútbol español.

Pero o Dépor non estaba disposto a quedar sen carga. Bodipo recortou distancias e, aínda que de novo Sinama Pongolle puña o 1-5, de novo un penalti cometido sobre Verdú permitiu a Juan Rodríguez maquillar o resultado.

Triste adeus da tempada en Riazor no aperitido do Deportivo B - Anguiano.