RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Torneo amigable para o Fabril FC Benxamín este xoves en Pontevedra e para o Benxamín A a fin de semana en Tres Cantos

Dous equipos de ANOSACANTEIRA teñen torneo amigable esta semana, o Benxamín A e o Fabril FC Benxamín.

Ambos os conxuntos están á espera da súa participación na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.

Mañá xoves, festividade do 1 de maio, a quenda é para o Fabril FC Benxamín na 1ª edición do Torneo Cidade do Lérez no campo Manolo Barreiro.

A fin de semana será o Benxamín A o que participe na Tres Cantos Cup na localidade madrileña.

O calendario é o seguinte

Tres Cantos Cup
Primera Fase, no campo de fútbol de Foresta
Venres 2 de maio
19:20: BENXAMÍN A - RC ALCOBENDAS

Sábado 3 de maio
9:30: BENXAMÍN A - CD PARQUESOL
12:30: BENXAMÍN A - EVERTON FC
En función da clasificación, os equipos accederán á Fase Final, que arrinca na tarde do sábado

1º Torneo Cidade do Lérez, no campo Manolo Barreiro
Xoves 1 de maio
Primera Fase
11:30: FABRIL FC BENXAMÍN - ED VAL MIÑOR NIGRÁN
13:30: FABRIL FC BENXAMÍN - ALONDRAS CF
16:30: FABRIL FC BENXAMÍN - EFB MOAÑESA