Intensa xornada de sábado en ANOSACANTEIRA que arrincará ás 9:00 na Torre cos partidos de fútbol 8 do Benxamín A ante o Victoria CF, do Fabril FC Benxamín fronte ao Santa Cruz CF (10:00), do Alevín A ante o Victoria CF (11.00) e do Fabril FC Alevín ante o ED Luis Calvo Sanz (tamén ás 11:00).
O prato forte é o encontro do Fabril ante o Rayo Cantabria, ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias.
Os de Manuel Pablo, despois do traballado punto sumado o pasado domingo nas Eiroas, chegan ao choque en 2ª posición da táboa con 50 puntos, a 2 puntos do Oviedo Vetusta.
Pola súa banda, os cántabros transitan pola metade da táboa con 29 puntos.
O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.
O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
En Gijón, o Xuvenil A, líder da División de Honra, visita ao TSK Roces no partido previo á Final Four da Copa del Rey do Anxo Carro.
Tamén este sábado 7 xogan os dous equipos cadetes e os dous infantís.
No Dépor Training Center o Cadete (13:00) e o Infantil (11:00) mídense aos respectivos equipos do Pontevedra CF.
Estará Gael Seijo, o central ou mediocentro infantil que esta semana está concentrado coa selección española sub-14 en Alfaz del Pi.
E o San Tirso SD Cadete (na foto da noticia) enfróntase no campo vigués de Fragoselo ao Coruxo FC (12:30) mentres que no Monte, o San Tirso SD Infantil ao CD Calasanz (10:15).
Para o domingo 8 de marzo quedan outros 2 encontros no Dépor Training Center.
O Xuvenil B recibe ao CD Lugo B na Liga Nacional (12:00) e o Alevín ao CD Calasanz na 3ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 (10:15).
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
26ª xornada: FABRIL - RAYO CANTABRIA, o sábado 7 de marzo ás 17:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: 1. Oviedo Vetusta, 52 puntos; 2. Fabril, 50 puntos; 3. Gimnástica Segoviana, 43 puntos... 12. Rayo Cantabria, 29 puntos...
Categoría xuvenil
23ª xornada: TSK ROCES - XUVENIL A, o sábado 7 de marzo ás 16:15 en Covadonga (Gijón)
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 55 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 51 puntos... 5. TSK Roces, 31 puntos...
25ª xornada: XUVENIL B - CD LUGO B, o domingo 8 de marzo ás 12:00 no Dépor Training Center
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B (un partido menos), 67 puntos; 2. Xuvenil B, 58 puntos; 3. CD Choco (un partido menos) e Coruxo FC (un partido menos), 45 puntos... 7. CD Lugo B (un partido menos), 36 puntos...
Categoría cadete
21ª xornada: CADETE - PONTEVEDRA CF, o sábado 7 de marzo ás 13:00 no Dépor Training Center
21ª xornada: CORUXO FC - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 7 de marzo ás 12:30 en Fragoselo (Coruxo, Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 54 puntos; 2. Cadete, 53 puntos; 3. San Tirso SD Cadete e ED Val Miñor Nigrán, 35 puntos... 12. Coruxo FC, 20 puntos... 16. Pontevedra CF, 13 puntos
Categoría infantil
21ª xornada: INFANTIL - PONTEVEDRA CF, o sábado 7 de marzo ás 11:00 no Dépor Training Center
21ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD CALASANZ, o sábado 7 de marzo ás 10:15 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 57 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 51 puntos... 4. CD Lugo, 36 puntos; 5. San Tirso SD Infantil (un partido menos), 32 puntos; 6. CD Conxo Santiago, 30 puntos... 10. CD Calasanz (un partido menos), 26 puntos... 12. Pontevedra CF, 18 puntos...
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 3ª xornada: ALEVÍN - CD CALASANZ, o domingo 8 de marzo ás 10:15 no Dépor Training Center
22ª xornada: ALEVÍN A - VICTORIA CF, o sábado 7 de marzo ás 11:00 na Torre (campo 1.2)
22ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ED LUÍS CALVO SANZ, o sábado 7 de marzo ás 11:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 58 puntos; 2. Victoria CF, 55 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 54 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 49 puntos... 7. ED Luis Calvo Sanz, 34 puntos...
Categoría benxamín
22ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF, o sábado 7 de marzo ás 9:00 na Torre (campo 1.2)
22ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - SANTA CRUZ CF, o sábado 7 de marzo ás 10:00 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 63 puntos; 2. CD Calasanz, 56 puntos; 3. Ural Español CF, 46 puntos; 4. Fabril FC Benxamín, 45 puntos; 5. ED Luis Calvo Sanz (un partido menos), 44 puntos... 7. Victoria CF, 31 puntos... 9. Santa Cruz CF, 29 puntos...
