A fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina arrinca este venres 6 de marzo en Friol.
Ás 21:00 horas no campo da Reigosa, o Orzán SD Sub-21 (na foto de arquivo) mídese ao PM Friol, en partido correspondente á 18ª xornada en Tercera Federación.
As orzanistas visitan ao 4º clasificado situadas na 8ª posición da táboa con 21 puntos.
O sábado 7 de marzo a quenda é para o Deportivo ABANCA B.
O filial deportivista mídese en Lezama ao líder do grupo 1º da Segunda Federación, o Athletic Club B.
Iso si, o técnico branquiazul Brais Pombo conta cos reforzos de Lucía Rivas, Redru e Carmen Carballada, futbolistas en dinámica do primeiro equipo que competirán co B esta fin de semana.
Será baixa Michi Apóstol, que regresou da concentración da selección venezolana cunha fractura de clavícula, da que será operada nos próximos días no Hospital Quirónsalud A Coruña.
Ese mesmo sábado tamén xoga o Orzán SD Cadete en Lugo ante o SCD Milagrosa (18:00) e o Orzán SD Infantil B en Santigo ante o Victoria FC (13:00).
Para o domingo 8 queda o choque do Orzán SD Xuvenil na Torre (18:00) fronte ao Atlético Villalonga FF B, correspondente á 21ª xornada da Primera Autonómica.
Finalmente toca descanso ao Orzán SD Infantil A no grupo 1º da Liga Galega.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
20ª xornada: ATHLETIC CLUB B - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 7 de marzo ás 13:00 en Lezama
Clasificación: 1. Athletic Club B, 43 puntos... 9. Madrid CFF B e Atlético de Madrid C, 21 puntos; 11. Deportivo ABANCA B, 20 puntos; 12. Olímpico de León, 17 puntos...
Tercera Federación
18ª xornada: PM FRIOL - ORZÁN SD SUB-21, o venres 6 de marzo ás 21:00 na Reigosa
Clasificación: ... 4. PM Friol, 32 puntos... 7. EFM Concello de Boiro, 22 puntos; 8. Orzán SD Sub-21, 21 puntos; 9. Tomiño FC Femenino, 19 puntos...
Primera Autonómica
21ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - ATLÉTICO VILLALONGA FF B, o domingo 8 de marzo ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 6. Atlético Villalonga FF B, 38 puntos... 12. Xallas FC, 18 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil, 16 puntos; 14. SCD Pastoriza, 13 puntos...
Liga Galega cadete
19ª xornada: SCD MILAGROSA - ORZÁN SD CADETE, o sábado 7 de marzo ás 18:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)
Clasificación: 1. Victoria CF, 46 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 44 puntos; 3. SCD Milagrosa, 39 puntos...
Liga Galega infantil
Clasificación do grupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A, 43 puntos; 2. Racing de Ferrol, 40 puntos...
18ª xornada: VICTORIA FC - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 7 de marzo ás 13:00 no campo municipal do Sergas (Santiago de Compostela)
Clasificación do grupo 2º: 1. Victoria FC, 51 puntos... 3. Bergantiños CF, 37 puntos; 4. Orzán SD Infantil B, 29 puntos; 5.UD Cerqueda, 23 puntos...
