RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obrigatoria e unha de acompañante para o Dépor ABANCA - Sevilla FC, último partido das Nosas en ABANCA-RIAZOR

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obrigatoria e a maiores unha entrada de acompañante unicamente en bancada.rcdeportivo.es para o Dépor ABANCA - Sevilla FC do domingo 11 de maio ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 29ª xornada (penúltima) da Liga F.

O do conxunto andaluz será o último encontro esta temporada no estadio de As Nosas, que acabarán a liga coa visita ao Madrid CFF.

En primeiro momento estarán dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.

O prezo da entrada de público é de 10 euros.