RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor regresou esta mañá aos adestramentos para "ir ao máximo", e o sábado "ao 100%"

O Dépor regresou esta mañá aos adestramentos despois da xornada de descanso de onte martes e co obxectivo, como apuntou Diego Gómez en rolda de prensa, de "ir ao máximo" este sábado 17 de maio ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR ante o Granada CF (LaLiga TV Hypermotion).

O canteirán promete que os deportivistas "van ir a polos 3 puntos para dar unha alegría".

Pensa que "a motivación ten que ser a mesma, ir gañar todos os partidos para mellorar números, mellorar individualmente. O sábado iremos ao 100%. Aínda que non nos xoguemos nada iremos gañar seguro. E o resto dos partidos que quedan".

Óscar Gilsanz dispuxo para arrincar a semana unha activación con rondos; fútbol reducido, de alta intensidade; e un partido a tres cuartas partes do campo 2.

Adestráronse con plan individual Dani Barcia, Mella, Ximo Navarro, Yeremay e Jose Ángel, con Gauto facendo tarefas xa co grupo.

Mardones, Guerrero, Alberto e Hugo Ríos foron os representantes de #ANOSACANTEIRA esta mañá.

Mañá xoves Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 en Abegondo.