O Dépor retoma mañá mércores os adestramentos de cara á visita do sábado a Unionistas de Salamanca CF
Despois da xornada de descanso de hoxe martes, o Deportivo retoma mañá os adestramentos para preparar a visita ao Unionistas de Salamanca CF deste sábado 16 de setembro no Estadio Reina Sofía (21:30, FEF TV), correspondente á 4ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.
Os resultados da pasada fin de semana deixaron a Os Nosos en 6ª posición da táboa con 5 puntos, a 2 da cabeza da táboa que ocupan a SD Ponferradina e o Nàstic de Tarragona, ambos con 7 puntos.
Imanol Idiakez dispuxo de 3 sesións matinais desde mañá. Unha delas, a do venres 15, será en ABANCA-RIAZOR, co ensaio do plan de partido como punto forte da xornada.
Cada vez que haxa actividade na Cidade Deportiva, neste caso mañá mércores e o xoves, os futbolistas almorzan e comen tamén na instalación branquiazul.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 13 de setembro 10:30 h., Abegondo
Xoves 14 de setembro 10:30 h., Abegondo
Venres 15 de setembro 10:30 h., ABANCA-RIAZOR
Sábado 16 de setembro 21:30: Unionistas de Salamanca CF - Deportivo, no Estadio Reina Sofía