RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Germán Parreño di estar "contento por conseguir un obxectivo difícil despois de tanto tempo sufrindo noutra categoría"

Germán Parreño asegurou na sala de prensa de Abegondo estar "contento por facer conseguido un obxectivo difícil (a permanencia en LaLiga Hypermotion) despois de tanto tempo sufrindo noutra categoría. Estou contento porque se fixo un bo traballo e conseguiuse un obxectivo".

Desvelou que a pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante o Granada CF, no seu regreso á titularidade, "o míster falou con Helton e comigo. Díxome que era unha recompensa ao traballo invisible que levaba facendo todo o ano. Eu atopeime ben, con moito traballo. Ao final estás a competir contra un equipo que se está xogando meterse en play off, con moi bos xogadores".

Do partido deste domingo ás 18:30 na Romareda (LaLiga TV Hypermotion) ante o Real Zaragoza, espera un encontro "difícil no que vai haber moitos factores que controlar. Nós vivímolo sabendo como son estes partidos. Sabemos como pode ir e cal pode ser o devir do partido. É un partido máis mental que táctico ou físico. O que leve o gato á auga vai ser o que estea máis concentrado en cada mini partido".

Así pois, vaticina un encontro "difícil, competido, para o espectador moi bonito, e para xogalo tamén. É un partido bonito, intenso entre dous súper equipos históricos".

Finalmente Germán Parreño subliña que a súa relación con Helton Leite é "moi sa. Somos dous porteiros no persoal moi parecidos: tranquilos, gústanos traballar. Á hora de xogar temos características distintas e ao final decide o míster como quere xogar. Estamos a aprender tanto el como eu cousas que domina o outro. A el tocoulle participar máis e eu menos; pero aprendendo tamén e apoiando e axudando desde o meu lugar".