O Dépor retoma os adestramentos tras o parón do Nadal da competición.
Foron uns días para descansar; desconectar; estar coa familia, en moitos casos a miles de quilómetros de distancia da Coruña; recargar pilas; pero tamén para seguir traballando.
Cada futbolista levou na súa mochila un plan específico de adestramento deseñado pola área Condicional do RC Deportivo supervisada polo preparador físico Roberto Cabellud.
Os obxectivos marcados polos técnicos branquiazuis foron manter o nivel físico, evitar lesións, manter niveis de forza, fomentar a recuperación mental, controlar a alimentación e respectar o coidado persoal.
Este luns 29 de decembro os futbolistas deben presentarse no Dépor Training Center para unha sesión que arrincará ás 17:00 horas.
Os Nosos comezan 2026 ante o Cádiz CF en ABANCA-RIAZOR (domingo 4 de xaneiro ás 21:00) en 3ª posición de LaLiga Hypermotion con 32 puntos, a 2 puntos do 2º posto.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 29 de decembro
17:00
Martes 30 de decembro
10:30 h.
Mércores 31 de decembro
10:30 h.
Xoves 1 de xaneiro
Horario vespertino pendente de determinar
Venres 2 de xaneiro
10:30 h.
Sábado 3 de xaneiro
10:30 h.
Domingo 4 de xaneiro
Activación matinal pendente de horario
21.00: Deportivo - Cádiz CF, en ABANCA-RIAZOR
