RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor súmase con goles e co debut de Marlos Moreno ao I Memorial Antonio Bermúdez

O Deportivo se adjudicó esta noite no Multiusos de San Lázaro a primeira edición do Memorial Antonio Bermúdez cunha vitoria (1-5) ante a SD Compostela. Debutó Marlos Moreno, que jugó a segunda metade, nos seus pri

Gaizka Garitano dispuxo un once en cada tempo. Na primeira metade, adiantouse o Compostela ao dez minutos cun bo cabezazo do dianteiro Rubén Martínez, ao que non puido chegar Tyton, a pesar da súa estirada.

O Dépor pronto se fixo coa batuta do xogo dada a lóxica superioridade física e técnica. Andone dispuxo das mellores oportunidades iniciais, como un cabezazo que se foi ao traveseiro no minuto 24, coa meta local Manu Cedrón batido. Borges, de duro disparo desde a frontal, puxo o empate á media hora. Con igualada chegouse ao descanso.

Na segunda metade, Borja Domingo e Hugo Díaz sentenciaron o Memorial con dous goles no primeiros cinco minutos. O propio Borja Domingo, con dous tantos máis, o último dunha bonita vaselina desde fóra da área, redondeou o marcador, nun partido que serviu para coller minutos aqueles futbolistas que non actuaron de inicio ante o Eibar, salvo Albentosa e Carles Gil, titulares o pasado venres en Riazor e esta noite en Santiago.

Primeira parte: Tyton, Laure, Arribas, Albentosa, Luisinho, Borges, Alex, Carles Gil, Borja Vale, Emre e Andone.

Segunda parte: Rubén, Víctor, Monsalve, Hugo Díaz, Naveira, Bamba, Anxo, Pol Calvet, Marlos Moreno, Óscar e Borja Domingo.

Goles: 1-0, m. 11: Rubén Martínez; 1-1, m. 33: Celso Borges; 1-2, m. 46: Borja Domingo; 1-3, m. 50: Hugo Díaz; 1-4, m. 58: Borja Domingo; 1-5, m. 70: Borja Domingo.