RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor terá apoio desde as bancadas en Anoeta nun novo desprazamento apoiado polo Club

A #ANOSAFORZA estará representada no estadio de Anoeta por 150 afeccionados, que animarán ao conxunto branquiazul no seu partido contra a Real Sociedad o domingo a partir das 12:00 horas. Moitos deles, ademais, forman parte dalgunha das 16 peñas que terán representación nas bancadas do recinto donostiarra.

As agrupacións que estarán presentes na capital donostiarra son: A Gaiteira, Al Sur de Riazor, Anduriña-Llodio, Barcelona, Bodipo, Brigantium, Burela, Cabaña del Cazador, Camping Mariñana, Centenariazo, Fernando Vázquez, O Roxo, Patxi Aranzubia, Trintxerpe, Verdillo e Verín.

O desprazamento a San Sebastián é o sexto financiado esta temporada polo RC Deportivo ás peñas branquiazuis tras as viaxes a Granada, Oviedo (Dépor Abanca), Vitoria (Copa do Rei), Bilbao e Sevilla. Esta política de apoio, da que esta temporada xa se beneficiaron uns 2.000 afeccionados, é unha firme aposta do Club para dar todas as facilidades posibles para que os seguidores poidan acompañar ao equipo no maior número de campos e coa maior representación de seguidores posible.