RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O DéporCampus Cabreiroá 2021 acaba ao grande, coa visita de Álex, Celso, Miku, Granero, Lapeña e Quiles

A sexta quenda de Abegondo, que comezou o pasado luns 2 de agosto con 91 nenos e nenas, puxo hoxe venres 5 de agosto o punto e final ao DeporCampus Cabreiroá 2021, unha actividade xa tradicional no verán deportivo galego e que en 2021 alcanzou os 1.260 alumnos.

Os xogadores do Deportivo Álex Bergantiños, Celso Borges, Miku, Borja Granero, Adrián Lapeña e Alberto Quiles clausuraron hoxe venres esta edición do DéporCampus Cabreiroá 2021 coa entrega de diplomas a esta última quenda.

O acto foi sinxelo no campo de herba sintética da Cidade Deportiva, e desenvolveuse baixo as normas establecidas polo protocolo COVID-19.

Os xogadores branquiazuis repartiron a cada neno ou nena o seu diploma acreditativo da súa participación nesta actividade e fixéronse unha foto para o recordo con todos eles; ademais de asinar autógrafos nos propios diplomas, camisetas, botas de fútbol... E ¡até máscaras do Dépor!

A pesar de non levar no Club máis que unha temporada, Miku foi o máis reclamado polos cativos, ademais loxicamente do capitán coruñés Álex Bergantiños.

O DéporCampus Cabreiorá 2021, todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo, repartiu deportivismo por toda Galicia, en sedes como Abegondo, Cuntis, Zas, Silleda, Monforte, Bertamiráns, Caranza, Boiro, Ourense, Terras de Maside, Cee, Arteixo e Viveiro; ademais do Dépor Soccer Camp en Virginia (Estados Unidos).

Aquí podes ver as fotos da sede de Abegondo e nesta ligazón as imaxes doutras sedes.

Os interesados poden consultar toda a información nesta ligazón. Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.

As Escolas RC Deportivo tomarán agora o testemuño do DéporCampus Cabreiroá 2021, pero a partir do mes de setembro.