RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O DéporCampus Cabreiroá chega a Boiro por cuarto ano consecutivo

O concello de Boiro acolleu hoxe xoves 10 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que terá lugar durante a primeira semana de xullo no campo de Valiño. Será a cuarta edición consecutiva nunha sede que, ademais, o pasado ano converteuse nunha das primeiras da Escola RC Deportivo fóra da Coruña.

Á presentación asistiron Marcos Fajardo, concelleiro de deportes de Boiro; Julio García, directivo das EFM Boiro; Juanvi Cameán, coordinador das EFM Boiro; e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 5 e 9 de xullo.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Boiro e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 1 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.