RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O deportivista Gardado, portada do videoxogo Pro Evolution Soccer 2009

O xogador do Deportivo Andrés Gardado, co seu uniforme deportivista, será a portada promocional do videoxogo Pro Evolution Soccer 2009 na súa edición de Estados Unidos e Latinoamérica.

O centrocampista branquiazul, toda unha icona do fútbol latino, xa é a imaxe da firma alemá Adidas para México. A pasada tempada a Deportienda Online tiña unha promoción na que se se adquiría unha camiseta personalizada regalábaselle ao cliente a version deste xogo para PC na súa versión 2008.