Hai 25 anos era noticia no seo do equipo deportivista o adestramento en Riazor, dirixido por Arza, no que interviñeron aqueles homes que non actuaron en feudo estremeño.
Pola súa banda, Nuñez, foi recoñecido polo médico do golpe que sufriu nun nocello durante o encontro copeiro.
Terminado o adestramento, Arza dará a lista do quince que pola noite, en coche cama marcharán cara a Madrid, desde onde mañá proseguirán en autocar cara a Xaén. No conxunto rexístrase a baixa do defensa Pardo, con catro amoestacións ao lombo, pero a cambio Arza pode contar con Cantudo, que non se desprazou a Plasencia por cumprir sanción federativa, salvo imprevistos, o equipo estará formado por: Buyo, Richard, Piris, Rodri, Ballesta, Galego, Pousada, García, Piña, Cantudo e Castro. O encontro Xaén - Deportivo, comezará ao catro da tarde e será retransmitido por "Radio Mocidade".