RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA arrinca a Copa Galicia con triunfo sobre o Sárdoma

O Deportivo ABANCA arrancou a Copa Galicia de Segunda División Nacional cun triunfo (0-3) en Vigo ante o Sárdoma CF, resultado que puido ser máis amplo se as branquiazuis estivesen máis atinadas cara ao marco rival.

Alba Merino adiantou pronto ao Deportivo ABANCA pero non foi até a recta final do choque cando Kika e Lía redondearon con xustiza o marcador ante un rival que optou por agardar en defensa as acometidas deportivistas.

Deportivo ABANCA: Miralles, Miriam, Silva Mérida, Laura, Iris, Teresa, Patri Díaz, Alba Merino, Michelle Romero, Peke e Gaby. Tamén xogaron: Raquel, Érika, Kika, Lía e Nuria Rábano.

Após esta primeira xornada, a Copa volve o 19 de marzo, cando o Deportivo ABANCA reciba en Abegondo ao Atlántida de Matamá na 2ª xornada.

A competición nesta Primeira Fase é de liguiña a dobre volta entre os 4 equipos (Victoria FC de Santiago completa o grupo 1º). Os dous primeiros clasificados accederán ás semifinais, que se cruzarán contra os dous primeiros do grupo 2º.