RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA B gaña en Ribadumia e aumenta a súa vantaxe á fronte da Primeira Nacional

O Deportivo ABANCA B soubo sufrir e sacou adiante o seu partido en Ribadumia ante o Umia CF (0-2), correspondente á 14ª xornada na Primeira Nacional.

Tati e Paula Monteagudo foron as goleadoras branquiazuis nun choque que se complicou polas dimensións do terreo de xogo e o seu estado, debido ás intensas choivas. Aínda así o Deportivo ABANCA B dispuxo de máis oportunidades de gol que as súas rivais, polo que o resultado pode cualificarse de xusto.

Con este marcador, o equipo que dirixe Kevin Cabado suma 40 puntos á fronte da táboa por 33 do seu inmediato perseguidor, o Sporting de Gijón, que empatou (2-2) na súa visita ao Real Oviedo B.

Deportivo ABANCA B: Reigosa, Abril Pazos, Paula Novo, María Calvo, Paula Monteagudo, Marta Rico, Carmen Carballada, Tati, Lucía Rivas, Laura Otero e Noela. Tamén xogaron: Elena Vázquez, Laura Testa, Lucía Mariño, Uxía Cabada e Sara Cercido.

A próxima fin de semana, o filial deportivista recibe en Abegondo ao Victoria FC de Santiago.

Os resultados en liga até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0
Deportivo ABANCA B 4 (Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 1
Lóstrego CF 2 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -2-, Carmen Carballada e Noela)
Deportivo ABANCA B 5 (Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta) - UD Llanera 0
CD Parquesol B 0 - Deportivo ABANCA B 7 (Elena Vázquez -2-, Marta Calvo -2-, Paula Monteagudo, Laura Otero e Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 10 (Marta Rico -5-, Noela -2-, Tati, Carmen Carballada, Lucía Rivas e Laura Testa) - CD Romanón 0
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Paula Monteagudo)