O Deportivo ABANCA, co CD Valladares no horizonte, rebaixa o ritmo de adestramentos
O Deportivo ABANCA comeza mañá martes a preparar a seguinte cita ligueira, o domingo 4 de novembro ás 12:00 horas no campo da Gándara (Vigo) ante o CD Valladares, correspondente á 8ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.
Manu Sánchez, técnico deportivista, rebaixará estes días a carga de traballo ás súas xogadoras e dispuxo unicamente 3 sesións de adestramento na Cidade Deportiva, cos seguintes horarios:
Luns 29 de outubro Descanso
Martes 30 de outubro 20:30: Adestramento en Abegondo
Mércores 31 de outubro 20:00: Adestramento en Abegondo
Xoves 1 de novembro Descanso
Venres 2 de novembro 19:00: Adestramento en Abegondo
Sábado 3 de novembro Descanso
Domingo 4 de novembro 12:00: CD Valladares - Deportivo ABANCA, na Gándara (Vigo)
O Deportivo ABANCA é segundo na clasificación con 19 puntos. O Oviedo Moderno lidera o grupo con 21 puntos.