RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA encara con ansia de desquite a visita do domingo ao Santa Teresa CD

O Deportivo ABANCA viaxa mañá sábado á primeira hora da o mañá a Badaxoz con mentalidade de desquite deportivo para o encontro do domingo 7 de febreiro (12:00) ante o Santa Teresa CD no campo IDM El Vivero, correspondente á 19ª xornada na Primera Iberdrola.

Na primeira volta en Abegondo impuxéronse as estremeñas (1-2) nun partido cun tempo para cada equipo e no que quizais polo menos o empate sería o resultado máis xusto.

O Deportivo ABANCA pecha a clasificación con 7 puntos pero aínda con tres partidos aprazados por COVID pendentes de xogar. O Santa Teresa CD, un rival directo na loita pola salvación, suma 12 na 15ª posición. A permanencia a marca o EDF Logroño, 14º con 13 puntos.

O Dépor ABANCA recupera a Ainoa Campo pero perde por lesión a Carolina Arbeláez, que continúa cun tratamento recuperador do cadro lumbociatálgico que a mantén de baixa médica.

Manu Sánchez citou ás canteirás Eva Dios e María Figueroa, que debutou o pasado domingo ante o Levante UD.

Manu Sánchez dirixiu esta tarde unha sesión de traballo no campo do Monte en San Tirso, para aclimatar ao equipo á superficie sintética que tamén caracteriza o IDM El Vivero.

O último adestramento será mañá sábado, nada máis chegar a Badaxoz. Será unha suave sesión de activación nas propias instalacións do hotel de concentración branquiazul.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Sábado 6 de febreiro
9:00: Saída en autocar a Badaxoz
18:00: Chegada aproximada ao AC Hotel by Marriott Badajoz
19:00: Sesión de activación nas instalacións do hotel

Domingo 7 de febreiro
12:00: Santa Teresa CD - Deportivo ABANCA no campo IDM El Vivero
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña

O cadro do Dépor ABANCA adestrarase de novo o martes 9 de febreiro ás 17:30.