O Deportivo ABANCA estreará a domicilio a liga 2017-2018, ante o Gijón FF
O Deportivo ABANCA dará inicio á súa segunda temporada no grupo 1º de Segunda División Nacional cun partido fóra de casa, fronte ao Gijón FF.
O campionato dará inicio a fin de semana do 3 de setembro.
O primeiro equipo feminino branquiazul disputará unha semana máis tarde o seu primeiro encontro como local. Neste caso, o seu rival será o Atlántida Matamá.
O duelo local fronte á Victoria CF disputarase nas xornadas 12 (3 de decembro) e 25 (15 de abril), mentres que os duelos fronte ao campión da pasada temporada, o Oviedo Moderno CF, terán lugar nas xornadas 10 (19 de novembro na capital asturiana) e 23 (25 de marzo en terreo branquiazul).