RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA incorpora a Nuria Torres

Nuria Torres Rosal (Portonovo, Pontevedra, 27 de maio de 2002), unha das futbolistas galegas con maior proxección, converteuse en xogadora do Deportivo ABANCA.

Nuria Torres chega procedente do Atlántida de Matamá, un dos equipos punteiros da Segunda División Nacional, a competición que conquistou o Dépor ABANCA a pasada temporada e que a nova futbolista branquiazul disputou ao completo a pesar de comezala con só 16 anos de idade.

Defensa central ou mediocentro, Nuria Torres formouse nas categorías inferiores do equipo da súa localidade natal, o Portonovo SD. O pasado verán deu o salto a categoría nacional ao fichar polo Atlántida de Matamá.

Ademais de disputar Campionatos de España territoriais coas seleccións galegas en categoría sub-12, sub-16 e sub-17, Nuria Torres chegou a ser convocada para unha concentración da selección española sub-17 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas, en setembro de 2018.