RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA supera con nota a visita do Sárdoma a Arteixo

O Deportivo ABANCA superou con sobresaliente (7-0) a visita do Sárdoma, un equipo da zona alta, a Ponte dos Brozos (Arteixo), en partido da 5ª xornada de liga en Segunda Nacional.

As deportivistas encarrilaron pronto o encontro con dous goles de Gaby nos primeiros 10 minutos e apenas pasaron apuros. Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke foron as autoras dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA mantén o liderado do grupo 1º de Segunda División Nacional con 15 puntos de 15 posibles, igualado a puntos co Oviedo Moderno, que ten peor golaverage xeral.

Deportivo ABANCA: Malena, Raquel, Miriam, Laura, Patri, Cris, Teresa, Iris, Kika, Gaby e Lía. Tamén xogaron: Sara, Jone, Peke e Oreiro.

Este xoves 12 de outubro, día festivo, o Deportivo ABANCA visita á Victoria CF na Grela 1 (12:00 horas), na segunda xornada do grupo norte da Copa Galicia.

O próximo encontro ligueiro será o domingo en Santander ante o CDE Racing Mujeres.

Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0