Cinco tantos a un. O Deportivo alevín deu boa conta da
súa superioridade en Galicia no campionato rexional de fútbol sete goleando ao
seu rival na final desta mañá en Santiago, o Santa Mariña de Vigo, campión
do Grupo Sur.
Desta forma, as categorías de fútbol basee pechan unha gran
tempada, á espera da eliminatoria do Deportivo B ante o Cobeña que
suporía o salto do segundo equipo deportivista á Segunda División B do
fútbol español.
Esta tempada o Deportivo logrou o campionato na División de Honra
cadete, na liga Galega e na liga Local de infantís, campións
coruñeses en alevíns de fútbol once e campións galegos en fútbol sete
alevín. A maiores, na División de Honra xuvenil, o Deportivo foi terceiro e
accedeu a disputar a Copa de España, na que caeu eliminado polo Athletic
Club.
Ademais, o central Rochela consolidouse na Selección Española
sub-16 e Iago xa vestiu en dúas ocasións a camiseta nacional sub-21. Son os
primeiros froitos de 'O Mundo do Fútbol'.